National Geographic Society

National Geographic Society

Sociedade xeográfica estadounidense creada en Washington en 1888. A súa actividade comprende diversos proxectos e expedicións científicas. Destacan, entre outras, as buscas arqueolóxicas levadas a cabo en Perú (Machu-Pichu) e noutras paraxes de América (como a península de Yucatán) e do mundo. Publica, entre outras, a revista mensual National Geographic Magazine, editada en España a partir de outubro de 1997, libros científicos e atlas, e realiza programas para a televisión.