National Union Catalogue
National Union Catalogue
Nome científico:
[NUC]
Catálogo unificado que reproduce as fichas catalogadas da Library of Congress (EE UU) e que inclúe a recensión de toda a produción bibliográfica en inglés do mundo. A publicación foi iniciada en 1948 e presentaba 167 volumes, que co tempo se converteron en máis de 600, que se adaptaron a formato de microfichas. En 1959 a Library of Congress emprendeu a edición do National Union Catalogue of Manuscript Collections, que acolle máis de 24.000 coleccións de manuscritos.