Natureza Galega
Natureza Galega
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1991. Subtitulada “Revista bimestral” e dirixida por Evelia I. Carballo e Xosé A. Pintos, foi unha publicación especializada con información sobre a natureza galega. De carácter divulgativo, favoreceu o coñecemento, a valoración e a defensa do medio natural cunha gran preocupación polas especies en extinción en Galicia. Incluíu seccións sobre enerxías renovables, asociacións ecoloxistas, entrevistas e bibliografía.