naumaquia
naumaquia
(< lat naumachĭa < grναυμαχία)
-
s
f
[ESPECT/HIST]
Espectáculo que na Antigüidade clásica, sobre todo en Roma, reproducía un combate naval. Representados a partir de César (46 a C), foron moi frecuentes durante o s I, con Claudio, Nerón, Tito e Domiciano.
-
s
f
[ARTE]
Edificio especialmente construído e adaptado para a celebración das naumaquias. Semellante ao anfiteatro, tiña a area máis ampla e as gradas máis baixas. Destacan as de Augusto, Domiciano e Filipo o Árabe.