Naupacta ou Lepanto
Naupacta ou Lepanto
Cidade do nomós de Etolia-Acarnania, Grecia, situada na costa setentrional do estreito que separa o golfo de Patras do de Corinto (8.200 h [estim 1980]). Antiga cidade da Locrida Ozolia, despois da Batalla de Egospótamos pasou a Lócrida (404 a C), aos etolios (338 a C) e, finalmente, aos romanos (191 a C). En época bizantina coñeceuse co nome de Épaklos. En 1407 pasou a poder dos venecianos, que a fortificaron, e os turcos apoderáronse dela en 1499. Nela librouse a batalla entre os otománs e a Liga Santa (Batalla de Lepanto).