nautiloideo -a
nautiloideo -a
(< lat científico Nautilus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos nautiloideos.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da subclase dos nautiloideos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subclase de moluscos cefalópodos tetrabranquios, con cuncha externa, enrolada en espiral e dividida en tabiques por septos. As cámaras delimitadas están atravesadas por un tubo, sifón, que é unha prolongación da masa visceral e que se enche de gas, de tal xeito que adquire flotabilidade. Os primeiros representantes apareceron hai máis de 500 millóns de anos (Cámbrico superior), alcanzaron a maior diversidade durante o Silúrico e Ordovícico. Actualmente só perduran dous xéneros, Nautilus e Allonautilus, considerados fósiles vivintes.