navajo*
navajo*
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo navajo.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo navajo.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo indíxena de América do Norte, un dos máis numerosos e dinámicos, que viven en grandes reservas nos estados de Novo México e Arizona. Son agricultores sedentarios e gandeiros, e entre eles as mulleres tiñan unha gran consideración social.
-
[LING]
Lingua do phylum na-dené da familia atapascana que se fala sobre todo nos estados de Arizona e Novo México. É a lingua indíxena con máis vitalidade en EE UU e conta con dicionarios e gramáticas.