Naval, La

Naval, La
[PUBLIC]

Revista cultural publicada na Coruña a partir de 1985. Cesou no verán de 1986 (nº3). Subtitulada “Revista atlántica”, estivo dirixida por Suso Iglesias. Cunha coidada presentación, ton reivindicativo e unha defensa do atlantismo, contou coas colaboracións de xornalistas e escritores vencellados á Coruña. Incluíu contidos sobre artes plásticas, literatura, música e textos literarios. Miguel Anxo Prado, Antón Patiño, Agrasar ou Menchu Lamas encargáronse das ilustracións mentres que a fotografía chegou da man de Xurxo Lobato, Vari Caramés ou Delmi Álvarez.

Palabras veciñas

navajo* | naval | Naval | Naval, La | Navalcán | Navalcarnero | Navaliño, alto de