Navalcán
Navalcán
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do río Tiétar e limitado ao N por Castela e León (2.152 h [2001]). As actividades do sector primario son moi importantes, sobre todo a agricultura e a gandaría. A industria baséase na elaboración de produtos alimentarios e de materiais da construción.