Navarino
Navarino
Cidade da costa sudoccidental de Peloponeso, Grecia, no nomós de Messenia, chamada actualmente Pilos. Foi o lugar onde se librou a Batalla de Navarino , en outubro de 1827, entre as forzas aliadas de Francia, Reino Unido e Rusia e as frotas turca e exipcia, ancoradas neste porto. A derrota sufrida polos otománs obrigounos a aceptar a independencia grega (1829).