navío

navío

(< lat navigĭu)

  1. s m [MAR]

    Barco de grandes dimensións, especialmente o que ten máis dunha cuberta.

    Ex: Capitaneaba un navío mercante.

    Sinónimos: buque.
  2. s m [MAR/BÉL]

    Barco de guerra a vela, xeralmente de tres paus, que estaba acompañado dunha fragata, con dúas baterías ou máis por banda, e que portaba 60 canóns ou máis.

  3. navío de permiso [HIST]

    Nave con mercadorías que, polo Tratado de Utrecht (1713), Reino Unido enviaba a América con autorización da Coroa de Castela.