Navío, San Fiz de

Navío, San Fiz de

Igrexa parroquial situada en San Amaro. De estilo románico, ten unha soa nave e ábsida rectangular. No presbiterio conta cun arco de medio punto peraltado e unha bóveda nervada de estilo gótico. Na fachada destaca un escudo e a dobre arquivolta sobre a porta. A espadana remata nunha cruz patriarcal.