Neda, San Nicolás de

Neda, San Nicolás de

Igrexa parroquial situada en Neda. De estilo gótico (s XIV), consta dunha soa nave, ábsida rectangular e tres capelas dos ss XV-XVI. Destaca a fachada, con características barrocas, por motivo das remodelacións dos ss XVIII e XIX, e o sepulcro de Diego Esquío, señor da comarca, no presbiterio.