nefasto -ta

nefasto -ta

(< lat nefastu)

  1. adx

    Que ocasiona ou pode ocasionar unha desgraza ou un prexuízo grave.

    Ex: A súa nai pensaba que aquelas compañías eran nefastas para el.

  2. adx

    Que vai acompañado da desgraza e a traxedia.

    Ex: Foi un ano nefasto para os labradores.

  3. adx

    Que é moi malo.

    Ex: É un estudante nefasto.

  4. adx e s m pl [HIST]

    Aplícase aos días do calendario romano en que por motivos relixiosos non era lícito sacrificar, iniciar empresas ou tratar accións xudiciais. Opoñíanse aos días fastos.

Palabras veciñas

nefando -da | nefario -ria | nefas, por | nefasto -ta | nefel(i/o)- | nefeli- | nefelina