nefasto -ta
nefasto -ta
(< lat nefastu)
-
adx
Que ocasiona ou pode ocasionar unha desgraza ou un prexuízo grave.
Ex: A súa nai pensaba que aquelas compañías eran nefastas para el.
-
adx
Que vai acompañado da desgraza e a traxedia.
Ex: Foi un ano nefasto para os labradores.
-
adx
Que é moi malo.
Ex: É un estudante nefasto.
-
adx e s
m pl
[HIST]
Aplícase aos días do calendario romano en que por motivos relixiosos non era lícito sacrificar, iniciar empresas ou tratar accións xudiciais. Opoñíanse aos días fastos.