Negra Sombra
Negra Sombra
[MÚS]
Composición musical creada por Xoán Montes Capón na última década do s XIX. É unha das obras máis destacadas do nacionalismo musical galego e foi galardoada co primeiro premio nun certame musical celebrado en La Habana en 1892. Incluíuse dentro das seis Baladas galegas, e púxolle música a un famoso poema de Rosalía de Castro inserido en Follas Novas (1880).