negocio

negocio

(< lat negotǐu)

  1. s m

    Asunto do que se obtén proveito ou vantaxes.

    Ex: Coa venda do coche si que fixo un bo negocio.

  2. s m

    Calquera asunto, ocupación ou traballo. Na tradición oral recóllense ditos como “Cada un no seu negocio sabe máis que outro. Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos. Negocio en que perigas, nin á túa muller llo digas”.

    Ex: Está metido en tantos negocios que non ten tempo para nada.

  3. s m

    Local destinado para uso comercial.

    Ex: Marchou moi cedo para o negocio.

    Sinónimos: comercio.
    1. s m [ECON]

      Operación de compravenda de bens mobles da que se obtén ganancia.

    2. s m [ECON]

      Actividade económica realizada con afán de lucro.

    3. home de negocios [ECON]

      Persoa que se dedica habitualmente a estas actividades lucrativas.

    4. negocio xurídico [DER]

      Acto de autonomía privada, con efectos xurídicos determinados polo dereito, polo que o outorgante ou outorgantes regulan os seus propios intereses.

Refráns

  • A bo negocio, boa ganancia.
  • A novo negocio, novo consello.
  • Amistade, a que se queira, pero o centeo a trinta a fanega.
  • Cada un trata do que mata.
  • Dime os dous que estaban e direiche o que trataban.
  • En mercar e vender non hai amigos.
  • Fuxe de facer trato con quen non ten máis Deus có prato.
  • Irse o gañado polo papado.
  • Irse o xogado polo gañado.
  • Merca por arrobas e vende, se podes, por onzas.
  • Merca qué vendas, se queres gañar.
  • Mercar a alforxas e vender a onzas.
  • Mercar na feira e vender na casa sempre foi segura ganancia.
  • Negocio en que perigas, nin á túa muller llo digas.
  • O bo negociante non lle doen os pes.
  • O que sempre vai por la sae ás veces trasquiado.
  • Onde o gasto é máis có proveito, dade o trato por desfeito.
  • Para que vexan que fago trato, o que vale cinco douno por catro.
  • Se queres facer bo trato, vende caro o que merques barato.
  • ¡Alá me leve Deus a morar ande un ovo valla dous!

Palabras veciñas

negociador -ra | negociante | negociar | negocio | negouxo | negra | Negra Sombra