negrítido -da

negrítido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos negrítidos.

  2. s [ANTROP/FISIO]

    Individuo da raza negrítida.

  3. raza negrítida [ANTROP/FISIO]

    Raza do grupo melanodermo, braquicéfala, cos cabelos crechos, a cara redonda pouco prógnata, o nariz chato e os beizos moi grosos. Presentan escasa estatura e representan un residuo racial moi antigo. Son tres grupos principais: os negríticos das illas Andaman, os semang e os que ocupan as montañas de Filipinas, especialmente o centro de Luzón.

Palabras veciñas

Negrín López, Juan | negriña | negriñeira | negrítido -da | negrito* | negritude | negrizo -za