negrito*

negrito*
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos negrito.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo negrito.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habita a rexión montañosa do centro da illa de Luzón, Filipinas. Teñen pouca altura e corpo harmonioso e ben proporcionado. Presentan unha pel moi escura, con cabelos curtos e crechos, cara redonda, beizos non moi grosos e o nariz moderadamente ancho. Os homes practican a caza e as mulleres a recolección.

Palabras veciñas

negriña | negriñeira | negrítido -da | negrito* | negritude | negrizo -za | Negro