Negueb

Negueb

asta rexión desértica do S de Israel, que ocupa case a metade do país (6.643 km2). De forma triangular, limita ao L con Xordania e ao O coa península de Sinaí. No extremo S, onde se atopa o porto de Elat, está bañado polo golfo de ‘Aqaba. É extremadamente seco. A revalorización do Negueb, iniciada en 1948, constitúe unha empresa espectacular, xa que a auga traída por canalizacións desde o N permitiu facer produtivas as terras desérticas. Outras actividades son as extraccións de fosfatos, potasios e petróleo.

Palabras veciñas

Negros | negrume | negrura | Negueb | Negueira | Negueira de Muñiz | neguentropía