nemeo -a

nemeo -a

(< lat Nemeaeus < grΝεμεαĪος)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Nemea, antiga cidade grega, ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Nemea.

  3. xogos nemeos [DEP/HIST]

    Competicións atléticas e deportivas que se celebran o primeiro de agosto, cada dous anos, con motivo das Nemeas ou festas nemeas e que están dedicadas a Zeus Nemeo. Crese que as instituíu Hércules cando abateu, nun dos seus doce traballos, o león de Nemea. A primeira festa nemea oficialmente coñecida foi a de 547 a C.