Némese
Némese
(< grΝέμεσις)
[MIT]
Personificación da xustiza distributiva na relixión e mitoloxía gregas, que castiga todo o que perturba a orde correcta do universo e excede da xusta medida. Filla do Océano e da Noite, foi venerada como verdadeira deusa, e o centro do seu culto foi Ramnunt, en Ática, onde estaba a súa representación máis coñecida.