nemetatos nemetanos
nemetatos nemetanos
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo prerromano de Gallaecia, do convento xurídico Bracarense. Probablemente de orixe céltica, o seu nome deriva da raíz nemet- (‘bosque sagrado’). Mencionados por Claudio Ptolomeo na súa obra, establecéronse posiblemente na zona onde despois se levantou a cidade romana de Bracara Augusta (Braga).