Nemichthys
Nemichthys
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes óseos, da familia dos nemíctidos, que presentan o corpo moi longo, de ata 1,5 m rematado nun filamento, cor parda, a boca longa e fina e os ollos grandes. Carecen de escamas, teñen as aletas dorsal e anal moi longas e presentan unha liña lateral marcada por tres fileiras de poros. Habitan todos os mares, a profundidades de ata 2.000 m, e en Galicia atópase a especie N. scolopaceus.