Nene, El

Nene, El

Semanario publicado na Coruña a partir do 21 de abril de 1861 e que cesou no número 10. Subtitulado “Criatura inocente, inofensiva y dominguera”, saíu os domingos dos obradoiros tipográficos de Castor Míguez. Participaron na súa redacción Federico Alejos Pita (El Hurón), Xosé López de la Vega (El Triángulo), Federico Pizza (El Avelurio) e Xosé María Montes (El Mochuelo), e incluíu caricaturas, xeroglíficos e láminas litográficas dos monumentos do país.