nenia

nenia

(< lat nenĭa)

s f [LIT]

Canto funerario romano, mestura de lamentación e pregaria por un defunto, que, segundo un uso antiquísimo, aínda en tempos de Plauto, entoaban as preficae que acompañaban o cadaleito. Gradualmente foi substituída pola laudatio.

Palabras veciñas

neneiro -ra | nenets | nenez | nenia | Nenni, Pietro Sandro | neno -na | neno -na