Nenni, Pietro Sandro

Nenni, Pietro Sandro

Político italiano. Logo da desfeita do goberno de B. Mussolini (1943), comezou unha axitada e brillante carreira política. Foi secretario xeral do Partito Socialista Italiano (1944), viceprimeiro ministro (1945-1946 e 1963-1968) e ministro de Asuntos Exteriores (1947-1948 e 1968-1969). Presidiu o reunificado Partito Socialista Italiano (1968-1969) e, en 1969, presentou a súa dimisión dos cargos que tiña dentro da organización política debido á falta de unidade no seu seo. Foi senador vitalicio desde 1971 e presidente do Senato della Repubblica en 1979.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Faenza

  • Deceso

    Lugar : Roma