neoático -ca
neoático -ca
(< neo- + 2 ático)
adx
Aplícase á arte grega que corresponde ao último período helenístico, que tivo como centro Atenas. De tendencias clásicas, reelaborou motivos arcaizantes e reproduciu copias de orixinais famosos, destinadas, en gran parte, á exportación. Difundiuse por Asia, Grecia e Roma, onde floreceu fundamentalmente baixo Adriano.