neocolonialismo

neocolonialismo

(

s m [POLÍT]

Práctica imperialista dos países industrializados sobre as antigas colonias e os países subdesenvolvidos en xeral. A partir da descolonización formal, as potencias mundiais conservaron a súa preeminencia política, económica e cultural e seguiron un proceso de recolonización e de intervención nos países subdesenvolvidos, aproveitando o desequilibrio económico. As grandes compañías monopolistas, os programas de axuda e os organismos internacionais están sendo os instrumentos clásicos do neocolonialismo.

Palabras veciñas

neoclasicismo | neoclásico -ca | neocolonial | neocolonialismo | neocolonialista | Neocomiano | neocomiano -na