neoliberalismo

neoliberalismo

(< neo- + liberalismo)

s m [ECON]

Escola de pensamento económico que defende a vixencia dos principios do liberalismo clásico, nacida por oposición ás teorías que avogan por un protagonismo económico do estado e como resposta á evolución do sistema capitalista (concentración de empresas, proteccionismo). Defende unha decidida intervención estatal para corrixir as distorsións producidas polo funcionamento do sistema, que fan imposible a libre competencia, e é partidaria de fornecer equipos colectivos eficientes e de asegurar o acceso á propiedade privada dos traballadores.