neoliberty*

neoliberty*
s m [DEC]

Corrente de deseño industrial, e especialmente de interiorismo e de deseño de mobles, vixente en Italia, basicamente en Milán e Turín, a partir de 1958. O termo foi cuñado por Paolo Portoghesi, e entre as súas características primou o paralelismo coas formas da escola vienesa. Entre as obras máis destacadas están o Pavillón Italiano de Bruxelas (1958) e os deseños de mobles de Ignazio Gardella, L. Caccia Dominioni e Franco Albini.