Neophron

Neophron
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves, da familia dos accipítridos, que presentan a plumaxe de cor branca, a cabeza e parte do pescozo sen plumas e recubertos de pel amarela e alaranxada. O peteiro é delgado e ganchudo e de cor negra. Presenta unha rechamante gorgueira de cor branca arredor do pescozo. Vive en países mediterráneos e aliméntase de despoxos.