Neopilina

Neopilina
[ANIMAL]

Xénero de moluscos, da clase dos monoplacóforos, que teñen unha soa cuncha de cor branca, que presenta, na cara interna, as pegadas das seis parellas de insercións musculares.