neorrealismo
(
-
s
m
[ARTE]
Corrente artística que xurdiu a comezos da década de 1960 como reacción contra o expresionismo abstracto. O termo inclúe tanto as tendencias da figuración naturalista como o emprego de imaxes procedentes dos medios de comunicación e de ensamblaxes.
-
s
m
[FILOS]
Doutrina propugnada en 1912 por un grupo de filósofos norteamericanos reunido en torno a W. P. Montague, para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.
-
s
m
[IMAX]
Movemento cinematográfico italiano que xurdiu en 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial e o réxime fascista, e que durou, aproximadamene ata 1952. Esta corrente inaugurouse con Roma, città aperta (1945), de Roberto Rossellini, e adoptou un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, conseguidos coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares. O neorrealismo produciu obras como Paisà (1946), de Rossellini; Ladri di biciclete (1948) e Miracolo a Milano (1950), de De Sica; La terra trema (1948), de Visconti e Riso Amaro (1949), de De Santis. Ademais dos autores citados, inscríbense dentro do movemento neorrealista outros como Luigi Zampa, Alberto Lattuada, Pietro Germi, Renato Castellani, Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini.
-
s
m
[LIT]
Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación extremadamente analítica, introspectiva, crúa e dramática das convencións da vida burguesa e da vacuidade e a insatisfacción da existencia. Comprende a produción de escritores que practicaron unha narrativa apartada da lírica, resolta nos personaxes, os ambientes e as situacións (A. Moravia, F. Iovine ou C. Bernari), e tamén a dos que son esencialmente líricos e van na procura da creación de atmosferas suxestivas (E. Vittorini, C. Pavese, V. Pratolini, P. A. Quarantotti-Gambini ou R. Bilenchi).