neorrománico -ca

neorrománico -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao neorrománico.

  2. s m [ARQUIT]

    Corrente arquitectónica historicista, contemporánea do neogótico, aínda que de menor entidade, que tratou de recuperar as características do románico. Ao final do s XIX derivou na arquitectura bizantina. O promotor máis importante foi Paul Abadie, arquitecto da igrexa do Sacré-Coeur de Montmartre, en París. Tivo un gran predicamento en Alemaña, coa restauración da capela palatina de Aquisgrán e en Inglaterra coa catedral católica de Westminster.

Palabras veciñas

neornite | neorrealismo | neorrealista | neorrománico -ca | neorromanticismo | neosalvarsán | neostigmina