neotropical
neotropical
(< neo- + tropical)
-
adx
Relativo ou pertencente ao reino neotropical.
-
reino neotropical
[BIOL/XEOG]
Reino bioxeográfico que inclúe as rexións tropicais e subtropicais de América. A vexetación é de pluvisilvas ecuatoriais e formacións xerófilas tropicais, que son moi variadas e comprenden bosques claros, sabanas, matogueiras e formacións esteparias. Tamén hai deserto, cunha vexetación especialmente adaptada. En canto á flora, este reino está subdividido en rexións: caribe, brasileira, arxentina, andina e a Güiana venezolana. A fauna presenta moitos grupos endémicos, como os mamíferos xenartros. En Galápagos encóntranse especies primitivas de iguanas e tartarugas.