Neoxeno
Neoxeno
s
m
[ESTRATIG]
Subperíodo ou subsistema superior do Terciario, que abrangue o Mioceno e o Plioceno. O clima arrefriou nel progresivamente, o que determinou as numerosas migracións na fauna continental e a paulatina desaparición do estreito de Bering, polo que Eurasia ficou unida a América do Norte. Tamén, probablemente, o estreito de Xibraltar se converteu en istmo. Durante o primeiro período do Neoxeno a comunicación entre as dúas Américas foi difícil, pero posteriormente ficaron xa permanentemente unidas.