Nernst, ecuación de

Nernst, ecuación de

Expresión matemática que relaciona o potencial de electrodo coa actividade das especies químicas que interveñen na reacción de transferencia electrónica, de ecuación xeral Ox + ne = Red, e que ten a forma:


FORMULA


                      RT aOx
E   =   E°   +   ——   ln   ——
                      nF aRed

en que R é a constante dos gases, T a temperatura absoluta, n o número de electróns, F a constante de Faraday (que vale 9,648·104 C/mol), aOx e aRed as actividades das formas oxidada e reducida, e (denominada potencial estándar de redución) unha constante característica da parella redox. Tamén se denomina lei de Nernst.