Nerpio
Nerpio
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao pé da serra de Taibilla, que limita ao L con Murcia (1.688 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Nel encontráronse diversas covas con pinturas rupestres.