Nervi, Pier Luigi

Nervi, Pier Luigi

Enxeñeiro italiano. Especializouse no estudo de estruturas metálicas e de formigón armado. Entre 1930-1932 construíu o estadio de Florencia, que pola audacia da súa estrutura tornou nun modelo a escala mundial. Fixo unha serie de hangares para avións (1936-1941) en Orvieto, Orbetello e Torre del Lago mediante estruturas metálicas. O Palazzo dell’Esposizione de Turín (1948-1949) foi unha das obras máis importantes da arquitectura europea da posguerra. Sobresaen tamén o Palazzo dello Sport de Roma (1957), feito en colaboración con M.Piacentini, cunha cúpula de 100 m de diámetro, e a nave de entrada da estación ferroviaria de Nápoles (1954). Desenvolveu un sistema de prefabricación in situ: o ferrocemento.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sondrio

  • Deceso

    Lugar : Roma