Nessler, reactivo de
Nessler, reactivo de
[QUÍM]
Solución acuosa alcalina de tetraiodomercuriato (II) de potasio, K2(HgI4), empregada para o recoñecemento e a determinación por colorimetría do ión amonio e do amoníaco, co que dá unha coloración amarela ou un precipitado escuro, segundo a concentración.