nestorianismo

nestorianismo

(< antropónimo Nestorio)

s m [RELIX]

Doutrina teolóxica que sostén que hai dúas persoas, divina e humana, encarnadas no Verbo. Tomou o seu nome do patriarca de Constantinopla Nestorio, que por defender a verdadeira divindade e humanidade de Xesús Cristo, rexeitou o termo theotokos (Virxe), aplicado a María, porque confundía ambas as dúas realidades. Á parte deste rexeitamento, a teoloxía de Nestorio afirmou a unidade de Xesús Cristo, e denunciou a fórmula de san Cirilo de Alexandría, ‘unión apostática’, como portadora de monofisismo. As motivacións políticas converteron o nestorianismo en herexía total. O Papa Celestino I, no Concilio de Roma de 430, condenouno, e o Emperador Teodosio II convocou o Concilio de Éfeso (431), que confirmou a condena romana.