neuroleptoanalxesia
neuroleptoanalxesia
(
s
f
[MED]
Estado de indiferenza psíquica e repouso motor sen perda profunda da consciencia que foi descrita por Mundeleer e De Castro en 1959. Co emprego dun tranquilizante maior (neuroléptico) en doses altas e un analxésico potente, conséguese un estado de profunda sedación, analxesia e esmorecemento neurovexetativo que permite realizar intervencións cirúrxicas importantes sen necesidade doutro tipo de anestesia.