neuroloxía
neuroloxía
(
s
f
[MED]
Rama da medicina que estuda a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do sistema nervioso. A súa orixe pode estar nos traballos dos ingleses Thomas Willis e Thomas Sydenham, aínda que adoita situarse o seu inicio moderno a comezos do s XIX, coas primeiras investigacións sobre a fisioloxía nerviosa de Magendie e Fluorens. No aspecto anatómico e histolóxico representaron un gran paso as investigacións de S. Ramón y Cajal e a formulación da teoría da neurona.