Neutra, Richard
Neutra, Richard
Arquitecto. Formouse baixo a influencia de A. Loos, O. Wagner e F. Ll. Wright. En Los Angeles preparou o proxecto para o concurso do Palacio das Nacións (1927), con R. Schindler e levantou a Lovell House (1928), de tipoloxía racionalista e cun certo contacto coa natureza. En California fixo a Nesbitt House en Brendtwood (1942) e a Kaufmann Desert House en Palm Springs (1946-1947). Realizou tamén estudos de elementos prefabricados e foi o primeiro que construíu unha casa desmontable con contrachapado (1936). Publicou Survivalthrougt Design (1954).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso
Lugar : Wuppertal