Neves, As

Neves, As

Advocación mariana que ten a súa orixe nun santuario que se construíu no monte Esquilo de Roma. No s IX ao lado do nome de Santa María a Maior comezou a chamarse Nosa Señora das Neves polo prodixio dunha nevada que se produciu e que, segundo a tradición, indicou en tempos do Papa Liberio (352-366) o lugar onde debía ser construída a basílica. A súa festa celébrase o 5 de agosto.