Newman, John Henry

Newman, John Henry

Relixioso. En 1825 foi ordenado pastor da Alta Igrexa e en 1833, con John Keble, iniciou o denominado movemento de Oxford, que buscaba unha restauración dos ideais da Alta Igrexa do s XVII. En Tract 90, Newman presentou unha interpretación católica dos 39 artigos da Igrexa de Inglaterra, que lle outorgaron a condena da Hebdomadal Board da Oxford University e de 24 bispos da comuñón anglicana. Posteriormente retirouse e entrou na comuñón romana (1845). En 1847 foi ordenado sacerdote e fundou os oratorios de Maryvale e de Edgbenton, en Birmingham. En 1879 foi nomeado cardeal polo Papa León XIII.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Birmingham