Newport News
Newport News
Cidade do estado de Virginia, EE UU (177.286 h [estim 1992]). É un porto situado no Atlántico que acolle un dos maiores complexos de construción naval do mundo, en que destaca a produción de grandes transatlánticos, portaavións e submarinos nucleares.