Newton, Helmut
Newton, Helmut
Fotógrafo. Os seus traballos caracterizáronse por unha mestura de glamour, sexo e imaxe teatral, con especial interese pola imaxe feminina núa en branco e negro. Retratou a Paloma Picasso, Pierre Cardin e Naomi Campbell, entre outros, e as súas fotografías apareceron en Vogue, Stern, Elle, Queen e Playboy. Publicou White Women/Femmes Secrètes (1976), Sleepless Nights/Nuits Blanches (1978) e Helmut Newton: Novas Imaxes (1989), e protagonizou os documentais Helmut Newton (1978) e Frames from the Edge (1988). Recibiu o premio do Instituto de Artes Gráficas de América (1978).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Hollywood