Newton, tubo de

Newton, tubo de
[FÍS]

Tubo de vidro do que se extraeu aire, que contén corpos de diferente natureza, como unha bóla de aceiro, unha pluma ou un anaco de cortiza, e que serve para comprobar que, en ausencia da rozadura do aire, o tempo de caída dos corpos é independente da súa masa, forma e natureza.